Colabora na recuperación do arquivo de Beiras
Se quere colaborar fornecendo ou ligando algún vídeo, artigo ou outro material de ou sobre Xosé Manuel Beiras, pode poñerse en contacto connosco.
Estamos a recuperar vídeos, entrevistas, intervencións públicas, escritos, fotografías e outros documentos que axuden a conservar e compartir a súa traxectoria política e intelectual.
Interésanos toda a documentación que poidamos rescatar: dende a súa última etapa no BNG, pasando polo Encontro Irmandiño, Anova, AGE e EnMarea, ata os avatares posteriores.
Como pode colaborar?
- Enviando materiais que conserve ou ligazóns a vídeos, artigos, entrevistas e outros documentos.
- Avisando de contidos desaparecidos ou de ligazóns que deixaron de funcionar.
- Indicando, cando os coñeza, o título, a data, a autoría, o medio ou a fonte orixinal.
Para achegar documentación ou indicar onde se pode atopar, escriba a:
organizacion@encontroirmandinho.com
Se os ficheiros son grandes, pode enviar unha ligazón para a súa descarga.
En homenaxe a Xosé Manuel Beiras Torrado. #BeirasPatrimonioComún